O plano de choque xudicial en materia prisional: inaceptábel corte de dereitos

Por Daniel Amelang. Publicado en El Salto. Traducido al galego por Esculca

Fálase moito, nomeadamente en foros xurídicos, do Plano de Choque proposto polo CXPX para mitigar os efectos que sen dúbida terá a parálise da Xustiza durante o estado de alarma. E, certamente, dá moito de que falar, pois máis que un plano de continxencia parece unha auténtica reforma lexislativa sumamente ambiciosa. en palabras da maxistrada Natalia Velilla, “a proposta de 436 follas, é un documento en que o CXPX, fora da liña, con ansias cumuladas durante anos e con entrincheiramento de ideas que se retroalimentan con absoluta impermeabilidade do exterior, pretende mudar COMPLETAMENTE a administración de xustiza”. Ou, por outras palabras: a moitas parécenos evidente que o CXPX aproveitou a crise para propor unha mudanza radical no modelo de Xustiza e implementar moitas das reformas que leva anos demandando, completamente alleas á crise da Covid-19.

Moitas das propostas máis impopulares xa apareceron en diversos medios: habilitar o mes de agosto (eliminando a posibilidade de as avogadas termos ferias), limitar a oralidade de determinados procedementos, limitar o tamaño dalgúns recursos e limitar a posibilidade de interpor algúns recursos son algunhas delas. Curiosamente, as medidas para desentupir a xustiza visan facer máis difícil o traballo a operadores xurídicos e restrinxir dereitos, mostrando, máis unha vez, que os cortes son sempre feitos por abaixo.

Porén, unha das propostas de que menos se fala e que máis grave nos parece a moitas avogadas é a de eliminar o recurso de apelación nalgúns supostos do Dereito Penitenciario.
“Primeiro Documento de Traballo sobre medidas destinadas a colectivos especialmente vulnerabeis para o plano de choque en Administración de Xustiza despois do estado de alarma” do CXPX propón a supresión do recurso de apelación contra determinados autos dos xuíces de Vixilancia Penitenciaria. Por exemplo, os autos que resolven recursos contra a recusa de licenzas de saída.
.
O documento propón, como dicimos, modificar a Disposición Adicional 5ª da Lei Orgánica do Poder Xudiciario (LOPX), co fin de introducir, entre outras cuestións, que “non serán susceptibeis de apelación os autos do Xulgado de Vixilancia Penitenciaria que resolvan queixas contra a recusa de licenzas ou actuacións administrativas, salvo afectación de dereitos fundamentais.”
Quer dicir, preténdese reducir a carga de traballo das Audiencias Provinciais (que son os órgaos que resolven os recursos de apelación contra a recusa de licenzas de saída penitenciarias) eliminando a posiblidade de recorrer xunto delas as decisións dos Xuíces de Vixilancia Penitenciaria. Unha carga de traballo, por falar niso, que nada ten a ver co estado de alarma, senón coas dificuldades sistémicas que teñen as persoas presas con carácter xeral para poderen acceder a licenzas de saída. É o exceso de celo das Xuntas de Tratamento o que leva as persoas presas a recorrreren para reclamar os seus dereitos. Porque resulta dolorosamete habitual que, apesar de un preso satisfacer os requisitos para obter a licenza (o cumprimento de 1/4 parte da pena, estar clasificado en segundo ou terceiro grao e mostrar bo comportamento no cárcere) é costume recusar a concesión con razóns como “distancia do cumprimento da condena”, “non recoñece a comisión dos feitos” ou pola “natureza do delito cometido” (o que foi xa tido en conta na hora de impor a pena, mais non debería determinar o réxime de licenzas). Por citar un exemplo, foi moi coñecido no mes de marzo deste ano que a Fiscalía se opuxo ás licenzas de saida de Jordi Cuixart porque este nunca mostrara arrepentimento polos seus actos.

Alén do obvio corte en dereitos que supón privar unha persoa presa da posibilidade de recorrer xunto dunha nova instancia, esta medida esconde outros problemas. En primeiro lugar, que os recursos de apelación en materia penitenciaria son os únicos que requeren vir escritos e asinados por un avogado, polo que se un preso decide recorrer en apelación a recusa dunha licenza por un Xuiz de Vixilancia Penitenciaria, terá dereito a que o defenda un avogado público. Ao eliminar este tipo de recursos, a maioría dos presos terán de defenderse polos seus propios medios e escribir os seus propios recursos. Só os internos con medios para contrataren un avogado particular terán o dereito de asistencia letrada.

Por outro lado, outra razón que argui o CXPX para implementar esta medida é que suporá “un aumento da seguranza xurídica por canto en materia de admisibilidade de recursos de apelación contra autos dos Xulgados de Vixilancia Penitenciaria non existe uniformidade actual nos criterios aplicados polas diferentes Audiencias Provinciais”. Quer dicir, procura unha vía de pór orde e evitar que determinadas seccións de determinadas Audiencias Provinciais “rebeldes” utilicen un criterio diferente ao dos seus compañeiros. Trátase dunha unificación da doutrina prisional en xuíces de Vixilancia Penitenciaria (órgaos unipersoais) en lugar de nas Audiencias Provinciais (órgaos compostos por tres maxistrados, máis dificeis de controlar).

Afinal, trátase dunha medida completamente allea á actual crise do coronavirus, que aproveita que estamos coa man na masa para restrinxir o dereito a recorrer dos internos (persoas vulnerábeis por razóns sociais, en palabras do CXPX) e concentrar o poder nos Xulgados de Vixilancia Penitenciaria. Para a súa aprobación é preciso reformar a  LOPX cunha maioría cualificada no Congreso que, esperemos, non se consiga.

Abogado y socio de Red Jurídica Cooperativa. Derecho Penal, Penitenciario y Laboral. Licenciado en Derecho y en Ciencias Políticas por la Universidad Autónoma de Madrid. Abogado especializado en Derecho Penal, Penitenciario y Laboral. Trabajo en el Turno de Oficio Penal y en el Servicio de Orientación Jurídica Penitenciaria del Colegio de Abogados de Madrid. Miembro de la Comisión de Derecho Penal de la Asociación Libre de Abogadas y Abogados (ALA), de la Comisión Legal del barrio de Lavapiés y de la Coordinadora para la Prevención y Denuncia de la Tortura (CPDT). Tengo nacionalidad estadounidense y española, y soy bilingüe en inglés y castellano.

Related Posts

Leave a Reply

Categorías